Goce de Compostela | Casa do Medio

Goce de Compostela

previous arrow
next arrow
Slider

O encanto do
Barrio de San Pedro

 

Casa do Medio atópase situada no barrio de San Pedro, barrio que representa como ningún a esencia mesma da cidade (de feito xa se referiron a el como o “Soho compostelán”).

Nas súas rúas conviven en perfecta harmonía tradición e modernidade, combinación que ben pode apreciarse na súa rica e variada proposta comercial, na súa apetitosa oferta hostaleira, nas súas múltiples expresións culturais (en realidade, multiculturais) e nas súas xa recoñecidas festas populares. Así, as festas de San Pedro (finais de xuño) son, hoxe por hoxe, unha das referencias obrigadas para composteláns e visitantes.     

A menos de 100 metros de Casa do Medio atópase o Centro Galego de Arte Contemporánea e o Museo do Pobo Galego, situado no antigo e emblemático Convento de Santo Domingos de Bonaval.

A menos de 300 metros temos a preciosa Praza de Abastos, segundo lugar máis visitado de Compostela logo da Catedral (a escasos 10 minutos dos apartamentos de Casa do Medio). 

A beleza patrimonial de Santiago de Compostela, a súa extraordinaria conservación e o seu carácter de destino final da Ruta Xacobea convertérona en cidade Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1985.

Xunto á súa impoñente riqueza monumental, presidida por unha das máis belas catedrais do mundo, emerxen distintas mostras de arquitectura contemporánea asinadas por algúns dos grandes creadores do noso tempo (Siza, Eisenman, Hejduk). A cidade estende os seus barrios á par dunha fermosa e coidada malla de espazos verdes entre a que se abren paso prazas, rúas e ruelas de encanto único polas que discorre o transitar continuo dos “de aquí” e os “de alá”.

Multiculturalidade esta que tamén queda plasmada nunha variada e atractiva rede museística e en todas e cada unha das incontables manifestacións culturais e festivas que se celebran na capital galega ao longo do ano.

Propostas comerciais orixinais e vivas, unha oferta gastronómica onde o novo e o tradicional conviven da man do mellor produto, e unha hospitalidade que fan desta, a nosa, terra milenaria de acollida, terminan por conquistar a aqueles e aquelas que non visitaran antes Compostela e por reconquistar aos que xa a coñecían. 

INFORMACIÓN TURÍSTICA /
ENLACES RECOMENDADOS


SANTIAGO TURISMO

Portal de turismo do Concello
de Santiago de Compostela


TURISMO DE GALICIA

Portal de turismo da Xunta de Galicia


CAMINO DE SANTIAGO

Portal sobre o Camiño de Santiago
da Xunta de Galicia