Apartamento 2
(2+2 persoas)
O apartamento situado no segundo (e último) andar de Casa do Medio distribúe os seus 48 m2 en dúas alturas e está composto por unha habitación dobre independente, unha cociña que mantén a súa antiga “lareira”, un baño completo e un pequeno salón con posibilidade de habilitar nela unha segunda zona de descanso.
Equipamento
- 2 camas individuais de 90 cm
- Sofá cama transformable en cama dobre de 135 cm
- Cociña completa con electrodomésticos, vaixela e útiles de limpeza
- Baño completo con secador de pelo incluído
- Roupa de cama, toallas e hixiene persoal básica (xabón de mans, champú e xel) incluídas
- Televisións planas LCD de 40” (con conexión wifi) e 22”
- Wifi gratuita
En caso necesario, dispoñemos de berce-parque para bebés sen custe adicional. Lembre solicitalo na súa reserva e terémolo preparado.