Condicións de reserva | Casa do Medio

Condicións de Reserva

Como formalizar a reserva

Para realizar a súa reserva pode facelo a través de:

·         Pre-reserva e información mediante o formulario de contacto

·         Formulario de reserva desta paxina (a través de Ruralgest)

·         Telefonicamente: (0034) 659 914 967

 

No caso de que precise un orzamento específico para estancias longas (máximo: 3 meses continuados) ou intermitentes, pregámoslle contacte con nós telefonicamente ou a través do noso enderezo electrónico (apartamentos@casadomedio.com). Facilitarémoslle unha resposta á maior brevidade posible.

 

Pagos

As tarifas establecidas son por apartamento e por noite (inclúe roupa de cama e toallas).
A transacción do pago efectuarase sempre en euros.
Os gastos de electricidade, auga e gas están incluídos na tarifa, salvo para alugueres de máis dun mes (neste caso abonaranse segundo o seu uso, previa lectura dos correspondentes contadores).

Para confirmar e garantir a reserva realizada, tanto telefonicamente como vía correo electrónico, solicitaráselle o número dunha tarxeta de crédito válida e a data de caducidade da mesma. De igual xeito, se lle realizará un cargo do 30% do importe total da estancia.

 

Depósito de garantía

Como fianza tomaranse os datos da tarxeta de crédito.

 

Política de cancelacións

Só se aceptarán cancelacións comunicadas vía correo electrónico.
A modificación de datas nunha reserva xa confirmada estará suxeita á dispoñibilidade do apartamento elixido.
Se cancela ou modifica a reserva ata 7 días antes da data de chegada, o establecemento cargará o 30% de toda a estancia. Se cancela ou modifica a reserva fóra deste prazo ou non se presenta, o establecemento cargará o 70% de toda a estancia. O establecemento poderá cargar o 30% do importe total en calquera momento despois de efectuar a reserva. O establecemento cargará o 40% do importe total cando menos 7 días antes da chegada. O resto do importe farase efectivo no momento da entrada (chek-in).

 

Horarios de chegada e saída

Hora de entrada (check-in): de 17,00 a 20,30 h.
Hora de saída (check-out): 11,00 h.
Calquera check-in fóra dos horarios indicados terá un recargo de 20 euros. Non se realizará check-in a partir das 24:00 horas.

Calquera check-out fóra de horarios cargarase un día máis en concepto de penalización. Esta condición non da dereito ao usuario a prolongar a estancia, debendo deixar libre o apartamento igualmente no día pactado.
Tendo en conta que non dispoñemos de recepción nos nosos apartamentos, rogamos nos comunique a hora aproximada de chegada para poder realizar correctamente o check-in.

 

Normas de uso dos apartamentos

O cliente (persoa a nome da que fora realizada a correspondente reserva) é responsable do correcto uso do apartamento e de todos os electrodomésticos e útiles que contén. En caso de avarías ou danos por mal uso, o cliente farase cargo dos custos de reparación necesarios mediante a tarxeta de crédito achegada no momento da reserva.

Entregaranse 2 xogos de chaves por apartamento. En caso de perda, efectuarase un cargo a maiores de 25 euros por cada xogo.

De igual xeito, o cliente comprométese a utilizar o apartamento de acordo coa normativa vixente en materia de orde pública. Queda totalmente prohibida calquera actividade que cause molestias aos hóspedes dos outros apartamentos e ao resto da veciñanza.

O número de persoas aloxadas no apartamento non poderá exceder nunca do indicado na reserva. En caso de incumprimento, Casa do Medio resérvase o dereito de tomar as medidas legais oportunas.

Non se permite fumar en ningunha estancia dos nosos apartamentos.

Non se admiten animais.

De incumprirse algún destes puntos, Casa do Medio resérvase o dereito de solicitar aos hóspedes o inmediato abandono do apartamento, sen dereito a reclamar indemnización algunha ou devolución dos abonos xa realizados en calquera dos conceptos descritos anteriormente