Actualidade | Casa do Medio
Abrimos as nosas portas: benvidos a Casa do Medio!

Abrimos as nosas portas: benvidos a Casa do Medio!

Ola! Somos o equipo de Casa do Medio e queremos darvos a benvida a esta, a vosa casa.
Acabamos de abrir as nosas portas e non é outra a nosa intención máis que a de ofrecervos a mellor das estancias posibles para que poidades gozar ao máximo de Compostela, a nosa cidade, a que agardamos sexa, a partir de agora, tamén a vosa cidade.

Santiago ofreceravos todo un mundo de posibilidades: patrimonio, arte, cultura, gastronomía, ocio… e queremos que as gocedes toda e cada unha delas, como se estiverades na vosa casa.
Por iso, preparamos e decoramos os nosos apartamentos turísticos con agarimo para que teñades á vosa disposición todas as comodidades necesarias para facer de Casa do Medio, a vosa casa en Santiago de Compostela.

Así que, estamos listos e temos todo preparado: agardámosvos!

Benvidos a Casa do Medio!